
Xa a finais do século III e principios do IV aparecen varios testemuños da presenza de comunidades cristiás no amplo territorio da Gallaecia romana.
O mellor indicio da progresión do cristianismo en Galicia, e deste esplendor cultural, o representa a figura de
Prisciliano, e o desenvolvemento do priscilianismo. Non está probado que Prisciliano nacera en Galicia, algúns autores din que procede de Mérida. Chegou a ser bispo de Ávila. Pero logo tivo que escapar para as Galias, onde foi perseguido e decapitado, na cidade de
Tréveris no ano 385. Os seus seguidores o consideraban un
mártir. O perfil que deixaron del, o definían como unha persoa instruída, fachendosa e de boa familia.