jueves, 30 de octubre de 2008

Priscilianismo




A súa teoría relixiosa é máis coñecida polas refutacións das que fora obxecto que pola súa exposición sistemática. Foi un movemento relixioso caracterizado polas tendencias ascéticas e rigorosas e un forte matiz anti-social, que aspiraba a unha reforma interior da Igrexa. Estas ideas comezaron a espallarse no último terzo do século IV, e axiña foron adoptadas polos bispos e presbíteros de Lusitania, Gallaecia e posteriormente das Galias, da que foi en Galicia onde máis arrizou esta interpretación rigorista da doutrina cristiá. Estivo considerado este movemento como herexía e a Igrexa oficial tentou condenalo Priscilianismo en varios concilios.

No hay comentarios: