jueves 16 de abril de 2009

Antolín Faraldo

miércoles 15 de abril de 2009

EVOLUCION DO GALEGUISMO

jueves 11 de diciembre de 2008

Invasións bárbaras

lunes 24 de noviembre de 2008

Os suevos



Os suevos foron un conxunto de pobos xermánicos procedentes do norte de Europa. O seu asentamento primitivo atópase na zona do mar Báltico, chamado polos romanos Mare Suebicum. Nas súas migracións, os suevos dirixíronse cara o sur e o oeste, quedando un tempo na zona da Alemaña moderna. Nesta época, varias tribos separáronse do grupo central dos suevos para formar os alamáns. O 31 de decembro do 406 os suevos xunto a alanos e vándalos atravesaron os limes que separaban os pobos xermánicos do Imperio Romano. Tras permanecer un tempo na Galia, os suevos asentáronse en Gallaecia cara o ano 410. Debido ó seu escaso número estiveron agrupados. A súa forma de goberno era a monarquía.

jueves 30 de octubre de 2008

Priscilianismo




A súa teoría relixiosa é máis coñecida polas refutacións das que fora obxecto que pola súa exposición sistemática. Foi un movemento relixioso caracterizado polas tendencias ascéticas e rigorosas e un forte matiz anti-social, que aspiraba a unha reforma interior da Igrexa. Estas ideas comezaron a espallarse no último terzo do século IV, e axiña foron adoptadas polos bispos e presbíteros de Lusitania, Gallaecia e posteriormente das Galias, da que foi en Galicia onde máis arrizou esta interpretación rigorista da doutrina cristiá. Estivo considerado este movemento como herexía e a Igrexa oficial tentou condenalo Priscilianismo en varios concilios.

jueves 23 de octubre de 2008

¿Quen era Prisciliano?


Xa a finais do século III e principios do IV aparecen varios testemuños da presenza de comunidades cristiás no amplo territorio da Gallaecia romana.

O mellor indicio da progresión do cristianismo en Galicia, e deste esplendor cultural, o representa a figura de Prisciliano, e o desenvolvemento do priscilianismo. Non está probado que Prisciliano nacera en Galicia, algúns autores din que procede de Mérida. Chegou a ser bispo de Ávila. Pero logo tivo que escapar para as Galias, onde foi perseguido e decapitado, na cidade de Tréveris no ano 385. Os seus seguidores o consideraban un mártir. O perfil que deixaron del, o definían como unha persoa instruída, fachendosa e de boa familia.